OpenStreetMap logo OpenStreetMap

Changeset When Comment
116370405

Vale, quedou claro! A ver se nos din onde se pode meter ese dato. Saúde.

116370405

Talvez pór Peirao Fenicio da Covasa, para engadirlle un topónimo asociado.

116370405

Gústame o resultado!

116212175

Quedou impecable.

116019158

Sendo como es autóctono do lugar, por favor, confírmame se o o da sílaba "dro" de Bocadroña é aberto ou pechado, é dicir, se o o de "dro" soa coma o o de "bola" de pan ou coma o o de "bóla" de xogar á pelota.

116019158

Perfecto, compañeiro. Vou pasar informe de corrección á Comisión de Toponimia do nome do río Rodullo para que o fagan oficial. Tamén o farei con Bocadroña, que seguramente estea mal anotado como ben dis porque a transcrición fonética non se corresponde coa real, así que está mal recollido. O de Cruído/Croído si está ben recollido foneticamente, pero decidiron poñelo con o por algún motivo. Por min queda ben así, como se pronuncia, non vexo motivo para modificalo, así que queda como o deixaches ti niquelado. Calquera cousiña escríbeme, tesme aquí ou no Telegram do OSM Galicia.

116019158

Prezado compañeiro. Na toponimia oficial do proxecto Galicia Nomeada aparece, efectivamente, pronunciado /kru'ido/ (Cruído), mais decidiuse oficializar como Croído por ser a típica vacilación do galego das vogais o/u (outro exemplo: Curuxido, Cruxido, pero oficialízase como Coruxido). Por min perfecto que se deixe Cruído, pero non é o oficial. Podes poñer na etiqueta o nome alternativo usando alt_name=Croído. Sobre o do Rodullo, pídoche que me confirmes se se di así, porque podo enviar un informe á Comisión de Toponimia para corrixir o nome. Saúde.

115771230

Quedou moi ben, parabéns.

115474195

A ti. Calquera axuda que precisas conta comigo. Engadinte a amizades.

115474195

Prezado Rodrigo. Son dúas aldeas diferentes que, casualmente, teñen o mesmo nome. A do sur é da parroquia de San Martiño de Pacios (Begonte) e a do norte de Pígara (Guitiriz).

115629029

Bo aninovo! / Happy New Year!

115305636

You may update the population data year, I think it is noted as 2011 right now.

114410259

Grazas pola corrección. Saúdos.

113965796

(...) comprobados persoalmente in situ.

113954480

Graciñas pola corrección, non sabía como clasificar unha área escolar en desuso. Un saúdo.

110056272

Comentar tamén que o trazado e os nombres foron obtidos de Información Xeográfica de Galicia e da Plataforma Galicia Nomeada, tendo polo tanto valor oficial.

109672583

Ola, bos días. Agardo que todo vaia ben. Os topónimos que borrei que están no MTN é debido a que son incorrectos ou están situados en lugares incorrectos. Algo moi habitual, por outra banda. Son habitante da zona e coñézoos ben. Están oficializados ademais na Plataforma Galicia Nomeada, da Xunta de Galicia, onde se recolleron os topónimos. Iso dálles un carácter oficial, á parte de que, efectivamente, a nivel persoal podo confirmar que así é.

Un saúdo.

109670621

Ola, bos días. Agardo que todo vaia ben. Os topónimos que borrei que están no MTN é debido a que son incorrectos ou están situados en lugares incorrectos. Algo moi habitual, por outra banda. Son habitante da zona e coñézoos ben. Están oficializados ademais na Plataforma Galicia Nomeada, da Xunta de Galicia, onde se recolleron os topónimos. Iso dálles un carácter oficial, á parte de que, efectivamente, a nivel persoal podo confirmar que así é.

Un saúdo.