OpenStreetMap logo OpenStreetMap

Changeset When Comment
141427692

Non hai de que. Calquera cousa xa sabes.

141427692

Ola, Rodrigo. A Praia de Moledo aparece con ese nome no último recanto do areal. Está recollido na microtoponimia de Galicia Nomeada.

Un saúdo.

139125240

Graciñas polo aviso, Rodrigo. Tereino en conta a partir de agora. Si que vexo que cando creo unha nova aparece como church, así que cando mellore algunha poñerei ben a etiqueta. Desculpa a mala etiquetaxe.

136469053

Desculpa non ter respondido, andaba fóra da casa. Si, é de GN. Saúdos, Hugo.

150220974

Un saúdo, compañeiro. Avanzamos pouco a pouco! :)

149790984

Non hai problema, moita xente non sabe ese uso. Unha aperta.

149790984

Estimado compañeiro,

O nome de "O Río de Suigrexa" estaba ben. Nas Rías Baixas "río" é sinónimo de lavadoiro. Verás moitos lavadoiros que se chaman ríos desde Rianxo até Nigrán. Este en concreto foi así recollido na microtopinimia de Rianxo. Eu deixaríao tal e como se recolleu, sería o máis respectuoso. Saúde.

149443336

Description is not a name.

149314305

Perfecto, así coa nota queda perfecto. Para min é claro que é un erro ortográfico, como tantos que se executan, por descoñecemento da normativa ortográfica e polo desleixo tamén. Esa zona chamada A Restreba pois o máis probable é que teña o significa máis evidente posible, que é un terreo que queda con canas despois de segar o cereal. Ademais, se te fixas, é unha zona húmida a carón do río, que é onde se adoitaba cultivar o centeo. Saúde.

149314305

Segundo o DRAG "restreba" é con b, non con v. Está claro que se equivocaron no concello pondo o nome. Talvez deberiamos pór en notas esta cuestión. Saúde.

148636341

Pois como ti estimes. Estes en concreto asegureime que as áreas coincidan co topónimo e no caso de haberen dous non puxen nada. Pero se consideras que é mellor así a partir de agora fago como ti propós, nodos independentes.

144723426

Recibido. Gracias por el aviso. Evitaré ese conflicto.

146072597

Tereino en conta no futuro. Si é posible o caso dun microtopónimo engadido por un particular que non fose recollido polo proxecto Galicia Nomeada, que, aínda que exhaustivo xeralmente, non está libre de ausencias. Unha aperta, compañeiro.

146072597

Ola! Xa non lembro ben, pero revisei toda a microtoponimia aprobada desa parroquia e debín ver microtopónimos inexistentes (hai tantísimos inexistentes ou mal escritos por toda Galicia no catastro...). O das aldeas posiblemente sóame que había algunhas repetidas e outras debinas corrixir facéndoas novas, pero non estou seguro. O seguro é que completei as que faltaban ou as que estaban incorrectas.

Saúde.

146154604

Ola, Rodrigo. Pois determinei que aínda que sexan un par de casas como están consideradas entidades maiores lle acaían mellor o concepto de aldea (de feito probablemente o nome das casas per se sexa diferente do nome do lugar). De todos xeitos se ti consideras que vai mellor con vivenda illada, por min non hai problema en que o modifiques. O do hórreo pois aí estrañoume, debinme equivocar e borralo por me decatar, porque vendo o Google Street View si está. Pido desculpas.

Saúde.

144326052

(....) para que non se perda. A próxima vez que pase por aí tiro unhas fotos e tento mellorar esta zona.

144326052

Éntrase ao aparcadoiro exterior pola Avenida da Maía. Engado o microtopónimo como lugar para q

144326052

Tamén comentar que a xeometría non se corresponde coa editada por Adrián. E "Talloas" é o nome da finca, non do supermercado. Habería que borrar esta edición e facela ben.

144326052

Ola, son alleoa esta edición, pero pasei por aí varias veces e antes era unha braña. Desde hai algo menos dun ano fixeron un Gadis enorme aí con aparcadoiro. Saúde.

144265543

Ola! Vexo que engadiches un sendeiro pero aparece como paralelo a outro case igual. Non sei se poderías revisar se está duplicado ou é que hai dous sendeiros exactamente iguais. Tamén indicar que nome e descrición son diferentes, un sendeiro non se pode chamar "SENDERO", non sei se ten algún nome esa ruta máis específico. Saúdos.